RIBEIRA – Un trailer causa danos ao muro da xardineira e sinalización da rotonda de Padín

Un camión articulado con remolque frigorífico dunha empresa con sede en Valencia, pero que era conducido polo pontevedrés G.A.B.B., de mediana idade, causou danos en parte do muro de granito da zona axardinada central e na sinalización da glorieta de Padín. O trailer viña da Avenida de Ferrol e dirixiuse cara esa rotonda para xirar, algo que non realizou coa precisión necesaria nos cálculos, para volver cara ao mesmo vial e ir en dirección a una empresa situada en Deán Pequeno, e acabou subindo unha roda pola mesma. O suceso ocorreu as catro menos dez datarde do lunes e a Policía Local ribeirense desenvolveu as investigacións pertinentes que permitiron a localización do vehículo causante e agora se lle fará a reclamacións dos danos, que este martes pola mañá se encargaron de reparar operarios da brigada municipal de Obras.

Anuncios