RIBEIRA – O CEIP plurilingüe Frións celebrou a Romaría das Letras Galegas con múltiples actividades

O colexio plurilingüe Frións, de Ribeira, celebrou onte unha Romaría das Letras Galegas que arrancou cunha simulación dun mercado, no que houbo postos de chacinería, pastelaría, froitaría, panadería, xoiaría, maios, marcapáxinas de Carlos Casares, decoración de vasos con motivos como o autor homenaxeado ou a bandeira galega, bingo, obradoiro de maquillaxe, todo elo atendido en quendas polos alumnos. Ademáis houbo unha taberna ao fronte da que estiveron os pais. De aí pasouse a cantar coplas dos maios, e logo chegaron as actuacións das pandereteiras, a representación da obra teatral “A mellor sopa do mundo” a cargo dos nenos de 2ºA de Educación Primaria, mentres que os rapaces de Infantil fixeron unha coreografía coa canción popular “A carrasquiña”. Tamén elaboraron cunha aplicación informática unha imaxe a gran tamaño de Carlos Casares coas fotografías dos arredor de 210 alumnos e 25 profesores, algunas delas tiveron que repetirse para completar o retrato.