RIBEIRA – O Circo de Vienna entregou toda a documentación requirida polo Concello para desenvolver as súas funcións e só lle resta superar a inspección de seguridade

O Concello ribeirense confirmou onte que os responsables do Circo de Vienna entregou toda a documentación e abonou as tasas correspondentes -incluso pagou unha débeda pendente de 295 euros- que se lle requiriu para que poda desenvolver as súas funcións que está previsto que se prolonguen desde mañá e ata o domingo 21 nunha parcela privada na zona de Queiro, onde se están a ultimar os detalles da súa instalación. Desde o Concello precisaron que Ribeira non foi declarada cidade libre de circos con animais -o BNG presentou en febreiro de 2014 unha moción nese sentido, pero decaeu-, e que tan só está pendente de realizarse a inspección en materia de seguridade, que se fará o xoves pola mañá. Fontes municipais precisaron que o que se lle requiriu á empresa foi a retirada de publicidade de fachadas e marquesinas, pois do contrario abriráselles un expediente sancionador. Nos seus anteriores pasos en recentes semanas pola comarca barbanzana se atopou co problema de que en Rianxo tivo que suspender o seu espectáculo con animais, pero puido desenvolver todas as función, mentres que en Boiro precintáronlle a instalación argumentando que non reunía todas as condicións que se lle esixían -desde o circo precisaron que cada vez que lle foron solicitando nova documentación a aportaron antes de que pechase o Concello as súas portas, pero sen obter resposta-, pero non puido levar a cabo ningunha das seis función anunciadas. Por este último motivo, nestes intres so os abogados da entidade na que está agrupado este circo a que estuda as medidas legais a adoptar por si puidera reclamarlle alguna indemnización ao Concello, que podría superar os 20.000 euros.

Anuncios