RIBEIRA – O Concello pulsará a opinión da xuventude en relación ao emprego a través dunha enquisa

Como xa fiuxo non hai moito tempo para pulsar a opinición da cidadanía sobre a peonalización, o Concello de Ribeira decidiu por en marcha o Plan de Acción e Emprego Xuvenil 2017 a través dunha primeira actuación consistente nunha enquisa que ten como principal obxectivo coñecer os hábitos, recursos, costumes e inquedanzas dos mozos de 16 a 30 anos, en especial en relación ao mercado de traballo. Esa ferramenta está integrada por 13 preguntas (cinco delas con subpreguntas), ademais duns datos básicos previos, co fin de que o Concello poida saber con maior concreción cal é o papel que esperan del a xente nova á hora de favorecer a súa inserción laboral. Poden acceder á enquisa a través da páxina web http://www.riveira.gal e, ademais, nos próximos días será repartida entre centros de Educación Secundaria e outras entidades para que todo aquel rapaz que o desexe poida respostar ás mesmas. Os resultados teranse en contra á hora de poñer en marcha dúas futuras actuacións: a organización dun congreso no auditorio sobre mocidade e emprego, e a concesión de becas remuneradas coas que introducirse no mercado laboral dende algún servizo da estrutura da Administración Local.

Anuncios