BOIRO – Denuncian a falla de limpeza en Boiro e a aparición de roedores

Residentes no casco urbano de Boiro denunciaron públicamente a falta de recollida de lixo e a parca limpeza que se fai nesa parte da vila e que está a xerar a aparición de certos animaliños que din ben pouco da prestación deses servizos, así como da falta de mantemento axeitado no saneamento. Algúns deles aportaron elementos gráficos nos que aparecen roedores para demostrar que o que se está a denunciar é certo. Unha delas produciuse onte cun ratón morto ao pasarlle a roda dun vehículo por encima no cruce da Avenida da Constitución coa Rúa Robustiano Pérez del Río, moi preto da casa consistorial boirense.