BOIRO – O Pazo de Goiáns volverá a acoller os actos principais para ensalzar ás letras galegas na comarca

Un amplo programa de actividades é o que confecionou a asociación cultural Barbantia para celebrar hoxe a sétima edición da Romaría das Letras no Barbanza no Pazo de Goiáns, en Boiro. As once da mañá abrirase o recinto feiral e recibirase aos participantes, para dar paso a xogos tradicionais e populares para todas s idades, e tamén ás actuacións dos grupos Nunca é Tarde, o grupo de baile de Abanqueiro, o baile tradicional de Pedra da Aroña e de Xilbarbeira, as cantareiras Lumieira, e a actuación do grupo Riola. Tralo xantar popular nos xardíns, presentaranse dous libros e as actuación de Serafín Marcos como Carlos Casares, Airiños escenifica “A Galiña Azul”, e as actuacións de gaitas e percusión da ANPA de Escarabote, Abeloura, Banda de Música Municipal e Davide Salvado.

Anuncios