A POBRA – Decretan a posta en liberdade de Nigeria tan só cinco días despois de que unha xuiza o mandará para o cárcere

A indignación e a alarma social volveu a saltar onte na Pobra tras coñecerse que desde o ámbito xudicial acordouse a posta en liberdade de Rubén Silva García, “Nigeria”, de 35 anos, para o que facía cinco días que a titular do Xulgado de Primera Instancia e Instrucción Número 3 de Ribeira dictase un auto de ingreso no cárcere provincial de Teixeiro tras ser acusado de 14 roubos con forza na localidade pobrense durante as últimas semanas. Na vila xa se califica a decisión como unha “auténtica vergonza” e unha “burla cara a cidadanía”, ademais de considerarse unha indefensión para os  veciños e as forzas de seguridade. Están convencidos de que Nigeria vai reincidir na comisión deses delitos, polo que cren que alguén terá que dar explicacións ao respecto. Onte pola tarde a maior preocupación entre o círculo de amizades desde ladrón era cal de eles se encargaría de ir a buscalo á prisión.