DEPORTES – Uns 200 atletas correrán este domingo como auténticos demos en Artes

DSC_0663

A parroquia ribeirense de Artes acollerá este domingo, 23 de agosto, a oitava edición da carreira popular organizada polo centro recreativo e un grupo de vecinos, xunto ao Concello e a Comunidade de Montes de Artes e que é coñecida como “a carreira do demo”, polos 6.666 metros do seu percorrido, que os expertor definen como un auténtico “rompepernas”. A inscripción aínda segue aberta ata a medianoite deste venres ao sábado, e ao peche desta edición estábase moi preto de alcanzar os 200 participantes na proba de adultos -finalmente a cifra quedou en 193 atletas inscritos-, tanto homes como mulleres, que teñen que pagar una inscripción de 5 euros cada un. O montante total de premios económicos que se repartirán ascende a 1.700 euros, ademáis dos trofeos nos que destaca a figura do demo. Os que aínda estean interesados en participar na proba absoluta poden anotarse na páxina web http://www.galitiming.com, mientras que los infantiles se pondrán inscribir gratuitamente ena páxina web http://www.museoetnograficodeartes.com, no propio Centro Recreativo de Artes ou no número de teléfono 981 873 052.

A partir das dez e media da mañá deste domingo entrarán en liza as categorías  inferiores, coas probas para nenos de 9 a 11 anos, que percorrerán 1.200 metros, e logo sairán os de 12 a 14 anos, que farán a distancia de 2.400 metros. A proba absoluta, que é a estrela, arrancará as 11.00 horas. A partir das 12.00 horas correrán os nenos de 6 a 8 anos a distancia de 700 metros, mentres que para as 12.15 horas está programada a saída dos diabliños (de 3  5 anos), que percorrerán 100 metros.

Os primeros clasificados da competición absoluta, tanto en categoría masculina como feminina, se embolsarán 100 euros, cada un, ademáis de recibir un peluche da mascota da proba; mentres que os segundos se levarán 50 e os terceiros 25. Ademais, a organización premiará con 10 euros aos corredores que entren entre o cuarto e o trixesimo posto, ambos inclusive. Tamén haberá trofeos e medallas para os mellores.

O club que presente un maior número de atletas levarase 100 euros. Os res primeiros clasificados do concello ribeirense recibirán vales regalo por importe de 20, 15 e 10 euros, e os tres primeros clasificados que naceron en Artes obtendrán vales regalo polo mesmo importe. Entre todos os participantes da categoría absoluta  se sortearán tres obsequios sorpresa, e para recibilo será necesario estar presente no momento do sorteo.

Do mesmo xeito, tamén están establecidos premios en metálico de 500 euros para os gañadores que sexan capaces de pulverizar os récords históricos da carreira do demo. En categoría masculina, a mellor marca a estableceu Lolo Penas cun tempo de 19:44 no ano 2008, mentres que en mulleres a mellor marca a ostenta desde o ano 2009 Claudia Pereira con 23 minutos e 5 segundos.