RIANXO – Mabel Rivera y Belén Constenla ensayan en el auditorio la obra «Voaxa e Carmín», sobre las Marías de Santiago de Compostela, de Esther Carrodeguas

VoaxaCarmin03

A obra da rianxeira Esther F. Carrodeguas estrearase na Mostra internacional de Teatro de Ribadavia o 19 de xullo, mais poderemos vela no Barbanza con anterioridade, xa que se fará un ensaio aberto ao púlbico e unha preestrea no auditorio de Rianxo o 14 e 15 do mesmo mes. O xoves 7, volve presentarse o texto, na biblioteca municipal desa vila barbanzana.

  • «Voaxa e Carmín» dá vida a Maruxa e Coralia Fandiño Ricart, coñecidas como As Marías de Santiago de Compostela. A peza pretende dignificar a figura de dúas mulleres exiliadas en terra cunha proposta que  chegará ao corazón do público, tanto dos que as coñeceron como os que non.
  • ButacaZero, eme2 e a MIT Ribadavia coproducen a peza que se ensaia no auditorio rianxeiro dende mediados de xuño.
  • O texto de Esther Carrodeguas, volverá presentarse, esta vez en Rianxo, este xoves 7 de xullo, ás 21.00 horas. De novo, Mercedes Pimentel e Raquel Lodeiros, actrices de airiños, realizarán unha pequena lectura dramatizada.

A fórmula da residencia técnica fomentada pola Concellería de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo volve ao Auditorio da vila rianxeira como xa fixera coas compañías Voadora ou Ibuprofeno Teatro. Desta vez, instálase a compañía profesional de Esther F. Carrodeguas, ButacaZero, que xunto a eme2 (O Crédito e O Florido Pensil) e a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia coproducen Voaxa e Carmín, obra merecedora do Premio Abrente de Textos Teatrais organizado pola propia MIT e que se estreará en Ribadavia o vindeiro 19 de xullo.

A residencia técnica comezou a mediados de xuño, e dende aquela Mabel Rivera (premio Goya á mellor acriz de reparto por Los lunes al sol e tres veces galardoada co Mestre Mateo) e Belén Constenla (que obtivo tres premios María Casares e un Mestre Mateo) sóbense cada día ás táboas do Auditorio acompañadas polo director da peza, Xavier Castiñeira, aínda que por suposto, sen público diante. Máis de un mes de traballo na que non só as actrices se achegan ao Auditorio da terra de Castelao, senón tamén por suposto, o equipo técnico da obra. Javier Quintana coas luces e Roi Fernández (Sr. Pause Cinescapismo) coas videoproxeccións fan todas as probas necesarias para chegar a bo porto a mediados de xullo. Tamén a boirense Trini Silva se achegará a vindeira semana, xa que é ela quen se encarga da caracterización das actrices para converterse nas personaxes, de seguro ben coñecidas por moitos galegos e galegas.

A obra dá vida de maneira poética e fantasiosa a Maruxa e Coralia Fandiño Ricart, nunha proposta que mestura o teatro de actriz coa tecnoloxía audiovisual na que Roi Fernández crea un entorno virtual en 3D que reproduce, de maneira pictórica e con estética de gravado, as rúas de Compostela polas que as coñecidas como As Marías paseaban durante o franquismo ás dúas da tarde, feito que fixo que os estudantes lles puxeran o alcume As dúas en Punto.

As dúas irmás son de seguro son ben coñecidas pola xente que compartiu vida con elas, e tamén por todas as persoas que se achegan agora a Compostela e ven a estatua do escultor afincado en Catoira César Lombera na Alameda. Porén, é probable que moita de toda esta xente non saiba apenas nada da historia do seu pasado. Con esta obra de teatro, Carrodeguas súmase a todas as persoas que non últimos anos quixeron dignificar a figura destas irmáns coñecidas por vestirse de maneira estrafalaria e maquillarse esaxeradamente para saír cada día, chiscando ollos aos estudantes ate case o último día da súa vida, que agochan no seu pasado a vivencia dunha postguerra terrible, ateigada de rexistros domiciliarios aleivosos e cruentos, ao pertencer a unha familia con membros anarcosindicalistas.

A peza, poderá verse no auditorio de Rianxo os días 14 e 15 de xullo, xa que se farán dous pases abertos antes da estrea oficial, o 19 de xullo, na Mostra Internacional de Teatro de Rivadavia, pero esta mesma semana, vira´presentado en Rianxo o texto Voaxa e Carmín (Premio Abrente de Textos Teatrais 2015 editado por Difusora de Letras, Artes e Ideas). O acto terá lugar este xoves, día 7 de xullo, na biblioteca de Rianxo,  ás 21.00 horas, e nel, ademáis de falar sobre o libro e sobre Maruxa e Coralia Fandiño Ricart, os presentes poderán ver escenificado un anaquiño do que máis tarde se poderá ver no teatro. Pero non serán Mabel e Belén, senón Mercedes Pimentel e Raquel Lodeiros, ben coñecidas polo público rianxeiro, quen deleite ao público coa pequena peza.