RIBEIRA – Podemos abordará en la tarde de este viernes los derechos y la crisis de las personas refugiadas

Podemos Ribeira programó para las ocho de la tarde de este viernes en la Casa do Mar de Santa Uxía una charla-coloquio para tratar de los derechos y la crisis de las personas refugiadas.  Correrá a cargo de Carlos Sánchez Pardo, integrante de dicha agrupación política y que fue cooperante en Ecuador, Kosovo, Mozambique, Sáhara, Palestina, Guatemala y Filipinas.

A continuación os adjunto el texto original, en gallego, sobre la postura de Podemos sobre esta cuestión y un mensaje para animar a asistir al ato convocado para este viernes:

“A política internacional deseñada á medida dos intereses das grandes potencias armamentistas mundiais ven producindo ao longo dos últimos anos unha grande e desastrosa actividade bélica entre países, e mesmo fratricidas e aberrantes guerras civís dentro de moitos países. O prolongado conflito Sirio, inxustificable e insostible para a cidadanía, está tendo nos últimos meses a consecuencia de afectar directamente á Unión Europea, e, nomeadamente, tamén a zona de maior nivel económico da mesma. Quizais polo exposto, e outras moitas importantes razóns, estase producindo unha situación relativamente nova de incremento notable de persoas que foxen da guerra cara a Europa. Persoas fartas de ameazas e violacións dos seus máis elementais dereitos que non poden seguir máis tempo aturando a súa insoportable situación. Persoas que, segundo o dereito internacional, deben ser cualificadas como refuxiados.

En Podemos Ribeira pensamos que ten moita importancia a ausencia de información (e a demanda da mesma) sobre a problemática dos refuxiados, e consideramos que non deberíamos desaproveitar a oportunidade que supón poder contar co noso compañeiro Carlos Sánchez Pardo, que dedicou importantes períodos da súa vida a colaborar como cooperante en Ecuador, Kosovo, Mozambique, Palestina, Sáhara, Guatemala e Filipinas. Queremos que comparta con tódolos cidadáns interesados as súas experiencias e opinións sobre o tema dos refuxiados. Carlos vai dialogar con todos sobre as súas análises da situación, e comentará as súas propostas sobre por que e de que maneira debe propiciar e ten que prepararse a sociedade civil para poder dar a benvida aos refuxiados.”