RIBEIRA – Aguiño acolle unha xornada dedicada aos máis cativos

DSC_3386

Dentro da programación municipal do Maio Cultural de Ribeira e organizada pola asociación cultural e vecinal Francisco Lorenzo Mariño, o parque do conservatorio de música da parroquia de Aguiño vai dar cabida a partir das catro desta tarde e durante as tres seguintes horas a un parque de hinchables, con música e refrescos, mentres que ás cinco comenzará unha xornada de debuxo infantil, con agasallos para os participantes de 2 a 13 anos. Para as 19.30 está anunciado o comezo da actuación de Roi Sixto, O Cagabolas, dirixido a todo tipo de públicos, con números malabares coa infinidade de aparellos que crea unha persoa imaxinaria, e que combinará con outras técnicas artísticas, como o clown, teatro de rúa, humor e a interacción co público.