RIBEIRA – A Festa de A Guía en catro imaxes comentadas

P17 F1OS FIEIS ACOMPAÑARON Á IMAXE DA VIRXE NA PROCESIÓN TRALA MISA SOLEMNE
Ao remate da misa solemne en honor á Virxe de A Guía, en Carreira, saiu a procesión acompañada por decenas de fieis. A comitiva fixo o percorrido de costume arredor da capela, que nesta ocasión estaba acondicionada tralas obras realizadas no entorno do templo.

P17 F2
O CORO PARROQUIAL AMENIZOU A CELEBRACIÓN RELIXIOSA CON DIVERSAS CANCIÓNS
O coro parroquial “Nuestra Señora de La Guía”, dirixido por María José Núñez, acompañou a misa solemne coa interpretación de cancións relixiosas, como “Virgen de La Guía” y “Guía”, propias para a ocasión, así como “Reina y Madre de la Mar”, “Salve Marinera” e outras.

P17 F3
ALBORADAS E PASACALLES CO GRUPO DE GAITAS O RUEIRO, DE PALMEIRA
O grupo de gaitas O Rueiro, de Palmeira, foi o encargado das alboradas e pasacalles despois do disparo das bombas de palenque, pero tamén participou durante a principal celebración relixiosa da xornada, así como no transcurso da breve pero intensa procesión.

P17 F4
OS MÁIS CATIVOS DISFRUTARON DOS HINCHABLES E A ANIMACIÓN O CAMPO DA FESTA
As horas da tarde no programa das festas de A Guía, de Carreira, estiveron reservadas para os máis cativos, que disfrutaron do parque de hinchables e animación musical que o Concello de Riveira instalou no  campo da festa, no que a orquestra Miramar amenizou verbena.