MELIDE – Primeiro Festival da Escola de Baile e Música Tradicional. Unha auténtica delicia velos…
A continuación, adxunto as fotografías que fixen durante o primeiro festival da Escola de Baile e Música Tradicional de Melide, como clausura das escolas municipais. Non fixen demasiadas pois quería disfrutar do ben que o fai a miña xente, que me fai sentirme moi orgulloso de ser natural deste grandiosa terra. Sigamos facendoa tan maravillosa… Espero que coas fotos tamén poidades disfrutar todos, especialmente os que non puidestes estar presentes no auditorio da casa da cultura melidense.
























