RIBEIRA – Declaración institucional de la corporación municipal para exigir una rectificación a la cadena Cuatro por las «descalificacións» vertidas contra los vecinos de A Pobra y de la zona norte de la Ría de Arousa en el programa «En el punto de mira»

La corporación municipal ribeirense difundió este jueves una declaración institucional  para exigir una rectificación a la cadena Cuatro por las «descalificacións» vertidas contra los vecinos de A Pobra y de la zona norte de la Ría de Arousa en el programa «En el punto de mira» y que os pasamos a ofrecen íntegramente:

«Os grupos políticos que integramos a corporación municipal de Ribeira queremos expresar a través desta declaración institucional o noso máis profundo rexeitamento ás intolerables descualificacións que contra os veciños do municipio da Pobra e en xeral de toda a zona norte da Ría de Arousa foron verquidas no transcurso do programa «En el punto de mira» —emitido pola cadea de televisión Cuatro o 27 de setembro— con motivo dunha reportaxe sobre a desaparición de Diana Quer.

Consideramos que o tratamento informativo falta á verdade da que é realidade social desta comarca e que determinadas frases e afirmacións formuladas polo equipo xornalístico no programa («zona acostumbrada a vivir con el crimen; a ver, oír y callar», «capital del narcotráfico de España», «desde hace tres décadas la cocaína y la heroína corren ría arriba para su distribución por el resto de Europa», «la palabra desconocido en una zona como ésta tiene una connotación peligrosa»…) incluso raian na ofensa aos homes e mulleres que poboamos esta terra e que convivimos e exercemos os nosos dereitos nun clima de liberdade e seguridade.

Milleiros de persoas escollen cada verán os municipios de Arousa Norte para pasar as súas vacacións, sen dúbida atraídos pola fermosura desta contorna (que é moito máis que un «entorno natural abrupto» como a describen no programa), pero tamén persuadidos pola hospitalidade e cordialidade que lle deparan os seus habitantes. Tanto é así que, lonxe de «ver, oír e calar», moitísimos veciños prestáronse voluntarios para participar en batidas cidadáns na procura de pistas sobre a desaparición de Diana Quer e estamos convencidos de que cantos puideron aportar algo de luz cara ao esclarecemento do caso así o fixeron e así o seguirán facendo cando sexa necesario.

Por último, queremos manifestar o noso firme apoio ao Concello da Pobra e sumarnos a este municipio na esixencia dunha rectificación por parte do programa «En el punto de mira» de Cuatro que se fai tan necesaria como urxente.»