RIANXO – Comunicado del Concello respecto a la «lamentable» imagen del municipio y de la Ría de Arousa ofrecida en diferentes programas de televisión
El pleno de la corporación municipal de Rianxo aprobó por unanimidad en el pleno ordinario celebrado a última hora de este jueves el siguiente comunicado respecto a la que considera como «lamentable» imagen del municipio y de la Ría de Arousa ofrecida en diferentes programas de televisión:
«Todos e todas, membros dos diferentes grupos da corporación municipal do Concello de Rianxo, facéndonos eco da xustificada indignación do conxunto dos nosos veciños e veciñas trasladaremos á dirección das cadeas televisivas Cuatro e Telecinco o malestar e repulsa polos contidos distorsionados e falsos en diferentes programas de televisión emitidos por ambas referidos ao Concello de Rianxo, A Pobra e o conxunto da Ría de Arousa.
Somos un pobo traballador, tranquilo, afable, rico en patrimonio e cultura, que vive do mar e do traballo diario, que goza de maneira san e participativa como poucos dunhas festas populares declaradas de interese galego. É por iso que desmentimos categoricamente as mentiras contidas en programas desas cadeas e esiximos a rectificación inmediata por parte das canles Cuatro e Telecinco en horario de máxima audiencia.
Queremos trasladar a toda a xente que o noso concello, como os de toda a Ría de Arousa que se aldraxou desde as canles citadas, é tranquilo e as nosas xentes acolledoras, afectuosas e solidarias, abertos de maneira amable e agarimosa perante a todos e todas que nos visitan.
Solidaria tamén para saír unida aos camiños a buscar ás persoas desaparecidas (a Diana Quer e a outras) e colaborar coas forzas de seguridade e cos medios de comunicación que informan, a maioría sen recorrer a sensacionalismos, centrados en axudar a que volvan coas súas familias.
Unidos tamén para sumarnos cunha soa voz aos concellos da bisbarra, e en especial A Pobra, sumándonos tamén ao seu comunicado aprobado no pleno.»
