A POBRA – Declaración institucional de la corporación municipal a respecto de la «lamentable» imagen de la villa ofrecida en el programa En el punto de mira» de la cadena generalista Cuatro
Este jueves se celebró en el Concello pobrense una rueda de prensa a la que asistieron el alcalde, Xosé Lois Poñeiro,; el edil Miguel Alamancos en representación del grupo municipal de Nós Pobra; y los portavoces del PSOE, BNG y PP, Teresa García, Ramiro Ouviña y Manuel Durán, acompañados de la alcaldesa en funciones de Ribeira, Fabiola García, y los alcaldes de Boiro y Rianxo, Juan José Dieste y Adolfo Muíños, este último también como vicepresidente de la Mancomunidade Arousa Norte. El objetivo fue el de dar lectura a un comunicado de la corporación municipal de A Pobra y hacer las consideraciones oportunas en relación a la imagen ofrecida de la villa pobrense y, en general del resto de localidades bañadas por la ría arousana en el programa En el punto de mira» de la cadena generalista Cuatro. El contenido de ese comunicado, que ya por la noche y en el comienzo del pleno municipal se convirtió en una declaración institucional del Concello de A Pobra, es el que a continuación os ofrecemos:
«A Pobra do Caramiñal é un concello pequeño, tranquilo e acolledor, afeito a recibir numerosos turistas, nomeadamente no verán. Os seus habitantes somos persoas cordiais que sempre ofrecemos un trato inmellorable a quen nos visita. Os xornalistas dos distintos medios de comunicación ben o saben, como tamén saben que en todo momento se lles deron todo tipo de facilidades para desenvolver o seu traballo. O conxunto dos seus cidadáns lamenta profundamente a desaparición de Diana Quer e implicouse masivamente desde o primeiro momento en axudar. Hai moitas mostras disto na hemeroteca.
A pesar da presión mediática exercida sobre a nosaa tranquila vila cotiá, os vecinos e veciñas da Pobra soubemos ter paciencia e colaborar coas forzas e corpoas de seguridade do Estado e cos medios de comunicación en todo o que puidemos, para facilitar a resolución do caso. Dicir que somos una vila de narcotraficantes e criminais é una calumnia imperdoable que esta corporación municipal non pode consentir.
Os presuntos xornalistas, autores da crónica emitida o martes 27 de setembro no programa «En el punto de mira» da cadea Cuatro, decidiron poner por enriba da veracidade, da profesionalidade e do servizo público a cota de audiencia. Sen importarlle as consecuencias que afirmacións rotundamente falsas como ‘capital del narcotráfico en España’ ou ‘Diana Quer ha desaparecido en el peor lugar posible, un entorno natural abrupto, una zona con una tasa de criminalidad disparada y acostumbrada a vivir con el crimen» poderían ter sobre as xentes deste concello.
Por iso, todos os membros da corporación municipal de A Pobra do Caramiñal, facéndonos eco da xustificada indignación do conxunto dos vecinos e veciñas da Pobra que, evidentemente, compartimos, desmentimos categóricamente os infundios contidos neste programa e esiximos a rectificación inmediata por parte da cadea Cuatro, en horario de máxima audiencia.
Asemade, desexamos trasladar á cidadanía a nosa absoluta repulsa polas calumnias e difamación vertidas en dito programa e a nosa reserva do dereito a calquera acción posterior que consideremos necesaria para salvaguarda do bo nome da nosa vila e das súas xentes.
Para rematar, queremos trasladar a toda España que o noso concello segue sendo tranquilo e acolledor, cunhas praias paradisíacas, un entorno natural envexable, un entorno cultural rico e unas xentes afables, divertidas e afectuosas que continuarán a recibir aos visitantes coa amabilidade de sempre. Tamén aos empregados de Cuatro.»
