BOIRO – Un encontro interxeracional con vínculos de afecto
A asemblea local de Cruz Vermella de Boiro celebrará este xoves, ás 15.30 horas, o Día das Letras Galegas no centro social boirense. Vinte usuarios recibirán a visita de 30 persoas maiores que participan nos talleres de memoria da entidade en diferentes parroquias. Levarase a cabo unha competición, na que se traballarán as habilidades mediante a música, o baile e actividades deportivas e culturais vencelladas coa cultura galega.
“Na nosa experiencia, vemos que os usuarios do centro de día vense moi acompañados e desfrutan das actividades”, sinala Natalia Romero, técnica de intervención social de Cruz Roja en Boiro. Trátase da oitava edición desta competición na que o obxectivo é favorecer a relación intraxeracional, con diferentes grupos de persoas da mesma idade, e os vínculos de afecto entre os usuarios e usuarias participantes das dúas entidades.
