Algo para non deixar de ver

RIBEIRA – Presentación de dous xigantes caracterizados como Rosalía de Castro e Castelao

Con motivo da celebración de tres obradoiros literarios para nenos na Praza do Concello, de Ribeira, en conmemoración do Día das Letras Galegas (de 11.00 a 13.00 horas), polas rúas da cidade van andar dous xigantes de 3,5 metros de estatura caracterizados como Rosalia de Castro e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, que foron realizados polo artista local Gonzalo Sarasquete. Está previsto que recalen na casa consistorial en torno ás 11.30 horas, onde está prevista a presenza do alcalde, Manuel Ruiz, e da concelleira de Educación, Herminia Pouso.

 

A POBRA – Un incendio na campana  afectou as halacenas da cociña dun piso en O’Lagar

O pasado venres (14.40 horas) rexistouse un incendio na cociña dun segundo piso da Rúa Barrantes, na urbanización pobrense de O’Lagar. Ao lugar acudiron os Bombeiros do parque comarcal de Ribeira os seus compañeiros de Boiro saíron pero pouco despois foron anulados-, aos que Protección Civil informou que o lume foi sofocado, polo que comprobaron temperaturas na zona afectada coa cámara térmica, e remataron a súa intervención ás 15.07 horas.

 

A POBRA – A biblioteca municipal acolle un espectáculo de contacontos representado con marionetas de trapo

O contacontos Pablísimo checha este martes, día 17 de maio, ás 12.30 horas, á biblioteca Victoriano García Martí, de A Pobra, para representar «Mans», un espectáculo no que se mesturan o teatro de marionetas de trapo e de sombras, a pantomima, a narración de historias e o amor polo libros. Pablísimo interactuará con todos os nenos asistentes e lles fará coñecer a entrañables personaxes con fantásticas historias para contar.