A POBRA – Aclaracións do PP aos feitos acaecidos na celebración do pleno extraordinario

IMG_20151218_231717

O Partido Popular da Pobra do Caramiñal, ante os feitos acaecidos no día de onte na celebración do pleno extraordinario, quere facer as seguintes aclaracións:

Se alguén cometeu onte unha gran irresponsabilidade foi o alcalde e o seu equipo de goberno pola súa forma de actuar. Son eles os que comprometéronse coas distintas formacións políticas a consensuar as obras dos plans do POS e PAS. Son eles os que nos convocaron a unha primeira reunión a principios de novembro, para que, cada formación fixera as súas propostas, reunión na que todos aportamos propostas a excepción do equipo de goberno. A semana seguinte, tivemos unha nova xuntanza, onde déronnos unha nota, coas actuacións propostas por todas as formacións e onde aparecían algunhas propostas do equipo de goberno e a maiores o Alcalde manifestou que estaba sopesando realizar unha actuación de saneamento na rúa Díaz de Rábago, emplazándonos a unha seguinte xuntanza para consensuar as propostas definitivas para presentar en ditos plans. XUNTANZA A CAL A NÓS NON NOS CONVOCARON.

É o alcalde e o seu equipo de goberno o que ten potestade para convocar os plenos extraordinarios, establecendo o día e a hora. Se esperaron o último día é a súa decisión e responsabilidade. Se non levaron a aprobación das contas do ano 2014 antes o pleno, cando xa están formuladas dende MAIO é a súa decisión e responsabilidade.

Esta forma de actuar é a que quixemos deixar en evidencia no día de onte, xa que o alcalde incumpriu todos os compromisos que el mesmo e por propia voluntade asumeu. Para facer o que fixeron non necesitaban engañar a ninguén, podían haber convocado o Pleno de igual maneira porque xa saben que así o manifestamos, NUNCA IREMOS EN CONTRA DE CALQUERA OBRA, pois é ir en contra do noso pobo e dos nosos veciños, por todo elo, ante a situación creada, en canto o Alcalde nos chamou e nos manifestou o risco de perder as subvencións, lle contestamos que aínda seguindo en desacordo coa súa forma de actuar, por responsabilidade lle daríamos o QUORUM necesario, eso sí, absténdonos de maior participación no pleno.

Personado no Concello, para ratificar o falado vía telefónica, NÓS lle tivemos que instar para que chamara o resto das formacións políticas, algo que non realizara todavía, aínda que diga o contrario. A súa irresponsable decisión foi practicar unha política de feitos consumados, onde SO cabía o asentimento. Curioso que os que sempre presumen de participación, diálogo, consenso, fagan todo o contrario. Coa súa forma de actuar o Alcalde e o seu Equipo de Goberno, SON OS UNICOS RESPONSABLES DO ACONTECIDO NO DÍA DE ONTE.

Recordarlle, tamén , que a formación que ganou as eleccións pasadas, é o Partido Popular, que gobernan en minoría, que non somos os responsables dos seus erros de gobernó e que o que define a un cargo público e as persoas, é o que se fai e non o que se dí.