RIBEIRA – Postura del grupo municipal del PSOE sobre la propuesta del alcalde de retribuciones e indemnizaciones a miembros de la corporación, grupos municipales y personal eventual
Alcalde, compañeiros da corporación municipal, funcionarios, medios de comunicación e cidadáns presentes neste salón de plenos, quero (no nome do grupo do PSOE e no meu propio), aproveitar esta primeira intervención para agradecer a confianza que nos deron os veciños de Ribeira para poder representalos na defensa dos intereses da cidade. Este portavoz e o grupo municipal súmase conm fiálogo e traballo, con lealtade e franqueza a oferta de colaboración proposta polo alcalde na sesión de investidura para lograr unha Ribeira mellor, empezando polo prioritario, que é a acción decidida do Concello polo Benestar dos veciños de Ribeira.
Dende a responsabilidade que nos deron os veciños cos seus votos, o grupo municipal do PSOE porá todo o seu traballo ao servizo dos intereses dos veciños e de colaboración política cos demáis membros da corporación municipal para a gobernabilidade de Ribeira. Que a colaboración sexa a seña deste mandato. É a hora de fixar acordos, consensos e de cambiar o funcionamento do Concello para que «cambien as formas» e prevaleza a transparencia.
Comenza un mandato «distinto», «máis plural» polo que considero que a oferta de acordos nas liñas expostas por vostede na investidura debe presidir o traballo desta corporación. Os membros na oposición do PSOE, tamén temos dedicación política, en moitas ocasións onerosa, e tampouco somos alleos aos problemas de conciliación da vida laboral e familiar.
Polo exposto, e como membros da corporación ribeirense e desexando o millor para os nosos veciños e conciudadanos, temos a ben facer as seguintes puntualizacións:
- Nos tempos que corren, seguimos considerando alta a retribución do alcalde. Propoñemos unha baixada no soldo do alcalde do 5% ata os 2.250 euros brutos máis Seguridade Social por 14.000 euros.
- Concelleira con dedicación exclusiva. 25.000 euros brutos máis 9.853 de Seguridade Social.
- Secretaria do alcalde. 25.000 euros brutos máis 8.152 euros de Seguridade Social.
- Departamento de comunicación. 25.000 euros brutos máis 9.443 euros de Seguridade Social.
- Coordinador da área de Acción Social. Aceptaremos si se garantíza un perfil técnico, e unha negociación de procedemento administrativo para tramites de urxencia contra a pobreza, tal como propoñen as ONGs nas reunións mensuais que teñen co departamento de benestar social.
- O órgano consultor de goberno municipal de coordinación de delegacións debe reunirse o mínimo imprescindible.
- A asignación aos grupos non ten que ser óbice para privar dun local ou despacho para recibir aos veciños, polo que desde o PSOE non renunciamos a dita dependencia no Concello, que inicialmente pode ser compartida.
- Os representantes sindicais do concello non saben nada das retribucións dos politicos, parece ser que nunca se lles consulta.
Non é de recibo que o alcalde decida sobre as retribucións e os sindicatos non coñezan as retribucións do equipo de goberno; non estaría demais que o alcalde valore aos sindicatos dos funcionarios e que consiga o seu aval.
Neste punto vamos a votar en contra. Moitas gracias.
