RIBEIRA – Discurso completo pronunciado por Manuel Ruiz en su investidura como alcalde

Sras e Sres Concelleiros, Alcaldes que o foron da nosa vila, autoridades, fillos adoptivos, veciños que tivestes a ben acompañarnos e arrouparnos coa vosa presenza, creo que hoxe cobran todavía mais, si cabe, as palabras pronunciadas fai catro anos neste mesmo acto que hoxe estamos celebrar:

“O pobo fai moito máis que poñer e sacar gobernantes, o pobo a través do seu voto expresa sentimentos, esperanzas, ilusións individuais e colectivas e o noso deber, a nosa responsabilidade como políticos e mirar moito máis alá das frías estatísticas, do número de votos que dan ou quitan maiorías, temos que ser quen de comprender os nosos veciños, as súas inquedanzas, as súas preocupacións, saber porque seguen crendo en nós, ou porque, pola contra, nós teñen como un mal necesario ou simplemente nos dan as costas”.

E por iso que debemos agradecer a sua implicación a todos os riveirenses que quixeron participar coa sua presencia e voto na festa da democracia que como cada catro anos celebrouse esta vez o pasado 24 de maio, pero debemos facer unha profunda reflexión, comenzando por eu mesmo, polo meu grupo, do que considero o noso primeiro fracaso colectivo, como supón o feito de que o 40,85% dos riveirenses con dereito o voto, e decir, 8995 persoas nos desen as costas quedándose na sua casa. Temos a obriga de tentar integrar a todos eles nese proxecto colectivo que se chama Riveira e que se pode e debe defender dende calquera óptica política. Favorecer ese cambio está nas nosas mans, empeza por nós, polos que aquí estamos e iso deberíanos levar a lograr a participación de todos. Ese cambio estou disposto a que comence nas institucións como a que hoxe estamos a representar; o cambio desta sociedade conséguese cando somos quen de trasladar os cidadáns o valor de aportar, de traballar para a colectividade sen esperar nada a cambio.

É por iso que as miñas primeiras palabras deben ser, unha vez mais, para expresar o meu solemne compromiso de contar con todos, de estar disposto a buscar consensos e acordos nos importantes desafíos que sen dúbida vánsenos presentar. Estou convencido de que é moitísimo máis o que nos xunta que o que nos separa, por iso debemos deixar atrás as políticas cortoplacistas para facer política con maiúsculas que implique a todos e que permita o debate enriquecedor de ideas.

Hoxe, creo que vostedes coa sua decisión repectaron a vontade maioritaria dos vecinos e veciñas do noso Concello, facilitando a investidura de quen lle está a falar, o cual llo agradezco profundamente, pero tamén creo que ese primeiro paso debe completarse con outros, se cabe, todavía mais importantes como o que supón posibilitar en este Concello un goberno estable e sen que ninguén teña que renunciar a defensa dos seus postulados programáticos.

E por iso que nesa procura ofrezo a entrada no goberno municipal a todos e cada un dos grupos que compoñen esta corporación, participación que deberá cristalizar a través dun diálogo sincero, leal, sen condicións previas pola miña parte e co reconocemento expreso, como punto de partida, de renuncias a aspiracións propias e lexítimas do noso grupo.

Está nas súas mans recoller esta luba. Vostedes conforman a maioría e poden utilizala para impulsar proxectos comúns ou para impedir os proxectos dun goberno minoritario. Nunca o fracaso, por esta razón dun goberno poderá ser entendido como o éxito de aqueles grupos que o propicien.

Entendo, tamén, que con esta formula estarían vostedes exercendo esa labor fiscalizadora e de control que demanda a nosa sociedade e dando participación a cidadanía a través dos seus representantes lexitimamente elexidos. O noso grupo non quer fuxir, se non todo o contrario do control e da transparencia que se debe esixir a todo representante público

Pero tamén podo afirmar os nosos veciños que o grupo popular está preparado para gobernar en solitario si así o prefiren, xa que conto para elo cun equipo de goberno ilusionado, capaz, xoven, pero á vez con experiencia, xente preparada e disposta a facer ben as cousas, xente consciente de que traballar por Riveira merece a pena e que agora mais ca nunca debemos avanzar, mellorar para seguir sendo o referente político, económico e social desta comarca.

Sendo esto así, pasarei a referirlle alguna das nosas liñas programáticas básicas e de arranque desta nova lexislatura, na continuaremos a traballar para que os nosos xoves sendo protagonistas do presente teñan un futuro ilusionante y é por iso que pretendemos poñer en marcha novos ciclos formativos no Centro integrado de Coroso, a posta en funcionamento do obradoiro de emprego e do viveiro de empresas que se está a contruir no antigo matadoiro.

A política social seguirá incrementando o seu peso e importancia nas políticas municipais y neste mesmo ano sacaremos a concurso a atención domiciliaria cun incremento na oferta que se ven prestando e que permita seguir cubrindo a demanda actual. Igualmente como complemento do plan de mobilidade do Concello sacaremos a contratación o plan de accesibilidade universal que nos poña na vangarda dos Concellos deste país e estableceremos as bases dunha sólida cooperación coas empresas de economía social, camiño que escomenzamos co plan de conservación de lavadoiros, rutas de sendeirismo ou co novo contrato de recollida de lixo.

Conscientes de que un dos grandes problemas deste concello, como en casique todos, é o tráfico e o aparcamento, poñeremos en funcionamento este mesmo verán os dous novos aparcamentos de Abesadas e Cristobal Colón, así como lle podo anunciar que estamos interesados e traballando no rescate en boas condicións do parquin do Centenario. Dentro desta lexislatura dotaremos, tamén, a cidade dunha nova terminal de autobuses.

As políticas culturais e deportivas continuaran coa dotación de novos servizos e infraestructuras, como o centro social ou o campo de futbol de herba artificial en Carreira ou dun novo espazo cultural en Castiñeiras. Tamén temos pensado propoñerlle a todos vostedes alternativas para unha nova biblioteca e auditorio municipal.

O chan industrial constitue unha das grandes preocupacións de todos os grupos e do sector industrial deste Concello e por elo que pensamos de xeito inmediato, co acordo do empresariado local, comenzar a xestión para desenrolar un fase do plan parcial de Xarás, de xeito que podamos poner a disposición das novas empresas alomenos 20.000 m2 no próximo ano, así como esixir dos propietarios de chan industrial de licenza directa a súa posta a disposición deses terreos os interesados en crear emprego. Asuntos ambos os dous que serán debatidos no pleno do Concello e do que informarei polo miudo os grupos nos próximos días

Temos, igualmente, que defender o noso sector produtivo básico, o mar, con uñas e dentes se fose necesario, na procura de que a nova lonxa teña o rédito social y económico que o sacrificio das arcos públicas nos esixe.

Anunciolles tamén que no mes de outubro traeremos unha proposto a este pleno consistente na conxelación para 2016 dos impostos directos municipais.

Continuaremos , como ata de agora, a potenciar o nosos recursos turísticos.Tamén lles propoño a todos os grupos que cambiemos a forma de xestionar o turismo a través da fórmula profesionalizada que teña mais consenso deste pleno e que podería consistir nunha xerencia de turismo que dé virtualidade as inquedanzas dun padroado municipal de turismo que englobe a todos os sectores implicados.

Nos gustaría igualmente dotar a este Concello de novos pulmóns verdes potenciando e ampliando o parque de San Roque e poder actuar na Garita.

Nos lles quero cansar con mais propostas, pero considero de suma importancia falar da participación cidadá, de cómo mellorala e continuar pola senda emprendida co novo regulamento orgánico municipal ou cos consellos locais de pesca ou educación, por poner alguna das accións xa emprendidas. Así traeremos unha proposta a todos os grupos dun regulamento de participación vecinal, poñeremos en funcionamento o servizo de atención cidadá e o portal de transparencia municipal no que xa levamos traballando algún tempo.

Sei, por experiencia propia, que a toma de decisións pode esixir sacrificios, e que non sempre son comprendidas ou que lonxe de producir réditos políticos producen escocemento na xente, pero cando sexan necesarias en beneficio de Riveira non me temblará o pulso, eso sí estou disposto a levalas adiante con diálogo e participación, pero tamén con firmeza e determinación para que saian adiante sen demoras innecesarias.

Señores e Señoras Concelleiras, reitero o meu firme compromiso con este pobo, manisfestado no meu sinceiro ofrecimento a que calquer grupo poda entrar sen condición previas pola miña parte no Goberno de Riveira e se así non fose a facilitar as fórmulas que doten a este Concello do goberno estable que este pobo merece e necesita. Apelo a sua responsabilidade nesta procura .

Remato, pero non quixera facelo sen decir que estes catro anos vanme permitir, sen ningunha dubida, sen as intoxicacións e infamias interesadas que nesta pasada lexislatura se produciron, limpar e dar lustre a dous apelidos que como todos os que o levan foron exemplo de humildade, honestidade e bonomía eses dous apelidos son os que herdei do meu pai e a miña nai.

Viva Riveira, Nai e Señora.