A POBRA – As palabras toman vida nunha festa

O IES da vila pobrense e o colexio Salustiano Rey Eiras desenvolveron diversas actividades que fixeron posible una exitosa xornada

FB_IMG_1432910657689FB_IMG_1432942372537

DSC_8293

DSC_8286.facebook_1432942488710

DSC_8277

DSC_8244DSC_8247

DSC_8268DSC_8253

DSC_8243

DSC_8238

DSC_8236

Como broche de ouro ao proxecto de traballo “Unha lingua chea de palabras”, que recibiu o premio da Fundación Barrié a través de educaBarrié, e tamén do seminario  encadrado no proxecto de formación do profesorado, o Instituto da Pobra acolleu onte unha festa moi especial, no que as palabras foron as auténticas protagonistas da xornada. Poderíanse dicir que tomaron vida a través dunha morea de actividades nas que, durante toda a mañá, se implicaron os alumnos deste centro educativo e os do colexio Salustiano Rey Eiras, que tamén participaron no citado proyecto galardoado, e representaron una función teatral.
Comenzaron cunha proposta na que tiñan que elixir as palabras das súas vidas ou as que máis lles gustasen -amor.  familia e amizade foron as maioritarias- e apuntalas nunha listaxe para, unha vez nas pistas exteriores e dentro dunha lingua dibuxada no chan, escribilas ou usalas para decorar globos -tamén no corpo e na roupa-, que foron lanzados ao aire ao remate la festa, no que tamén interpretaron todos xuntos unha versión de “A Rianxeira” e “A festa non pode parar”. Tamén houbo unha versión do concurso televisivo “Pasapalabra”, que fixeron chamar “Pasagalego de Expertos”, que estuvo moi entretido.
Desenvolveron un obradoiro de radio “A Tabarra” cunha vintena de estudantes e que concluiu coa emisión interna dun programa con medio cento de asistentes, e nos que non faltaron unha introducción, a entrevista, música e información cinematográfica, además de publicidade. Do mesmo xeito, participaron no concurso Pasatempos 2.0 cun xogo de pistas no que utilizaron os
teléfonos móviles e as novas tecnoloxías, desenvolveron unobradoiro de instrumentos tradicionais e outro de fotografía -co seu photocall particular de A Festa das Palabras-, una etiquetaxe de todos os espazos do centro e a visualización de vídeos elaborados no proyecto de traballo.